Os veciños de Vite reclamaron a concesión do indulto para Miguelito condenado a sete anos de cárcere polos sucesos ocorridos fai case un mes. Grande parte do barrio de Vite tomou as rúas de Santiago para esixir, ao Concello, a posta en liberdade de Miguelito. A pancarta da plataforma a favor do indulto, na que estaban os representantes veciñais, encabezaba a manifestación seguida do resto de veciños.
Os manifestantes corearon insistentemente a petición de que o indulto sexa concedido antes do Outono e insistiron en que «Miguelito somos todos». Os manifestantes encheron a praza do Obradoiro.
Á manifestación de hoxe pola mañá acudiron, ademais de miles de veciños, o representante destes, João Peres que tomou a palabra para pedir que a «sensibilidade e o sentido común» permita que desde o Concello de lle conceda o indulto, porque é «un bo veciño, boa xente que non merece estar na cadea». As súas palabras foron interrompidas pola consigna máis repetida na manifestación, «liberdade para Miguelito».
0 persoas de bem:
Enviar um comentário