Prémio Dardos

domingo, 25 de janeiro de 2009
"Vite, en boca de todos" tem a honra de receber o Premio Dardos de mão de Xoán S. Pazos, ilustre fisterram, poeta e estudante de filologia hispánica.

Para el somos merecentes de tal galardom "por levar a cabo unha importantísima labor de información dentro do ámbito do barrio de Vite e arredores, o cal é necesario nunha sociedade onde a información está a ser controlada de forma reiterada por "organismos" que negan moitas partes da realidade. Por todo iso, e por amosar unha información necesaria, útil e comprometida, recibe da miña parte o Premio Dardos."

A el e a todos os que seguides este blogue, obrigadísimo.



"Com o Prémio Dardos reconhecem-se os valores que cada blogger, emprega ao transmitir os mesmos por culturais, éticos, literários, pessoais, etc., que, em suma, demonstram sua criatividade através do pensamento vivo que está e permanece intacto entre suas letras, entre suas palavras. Esses selos foram criados com a intenção de promover a confraternização entre os bloggers, uma forma de demonstrar carinho e reconhecimento por um trabalho que agregue valor à Web.

Este Prémio obedece a algumas regras:

1) Exibir a imagem do selo;
2) Linkar o blog pelo qual se recebeu a indicação;
3) Escolher outros blogs a quem entregar o Prémio Dardos.

Assim sendo, repasso o Prémio Dardos para os bloggers abaixo, pelo valor que lhes reconheço":

A purreira TV
A tropa de Santa Cruz de Viana
La culpa es de sus padres

Asemblea de emigrantes ilegais

quinta-feira, 8 de janeiro de 2009

Un grupo de emigrantes ilegais, afincados actualmente na República Independente de Vite, convocan unha asemblea popular co fin de redactar un informe urxente para presentalo ante o goberno central o vindeiro mes. A reunión terá lugar hoxe as 4:30 da madrugada no salón de actos da facultade de Xornalismo.

En canto ao citado informe, recollerá a petición de instalar unha porción de Océano Atlántico nalgunha das prazas da República, para evitar a morriña (tanto sentimental como estética) e osixenar as nosas benqueridas rúas vitenses. Ademais, segundo a directiva da Plataforma “Costa en Vite”, o mar contribuirá tamén á mellora dos procesos administrativos da "Operaçom cavalo branco".
___________

(Sentimos profundamente que a redacción da nova non obedeza á grafía oficial da República, mais esta está aberta á súa modificación se este é o desexo do goberno central)