Indulto para Miguelito

sábado, 14 de junho de 2008
Despois do encarceramento do noso benquerido Miguelito, @s veciñ@s vitenses están preparando un encerro no Concello para pedir o seu indulto.

En declaracións a este xornal, o "cabezilla" de todo isto, João Peres, afirmou que "iremos desde Vite até o Concello. Alí lerase un manifesto de apoio a Miguelito e nos encerraremos na cámara municipal até que nos dean unha solución a todo isto". Tamén dixo que "a protesta decorrerá sen violencia, sempre e cando os represores policiais non fagan acto de presenza. Nós o único que queremos é que liberen o noso compatriota, detido por un delito que nunca cometeu e que é incapaz de cometer. Xa lle enviamos ao señor alcalde un escrito asinado por tod@s @s veciñ@s do barrio onde se lle esixe que faga todo o posíbel para que Miguelito estea na rúa canto antes. Se non fai nada, o día 28 os actos previstos seguirán adiante. Ten trece días para arranxalo. Indulto para Miguelito xa!!!"

João Peres terminaba as súas declaración convidando a todo o mundo a sumarse a protesta que se celebrará o próximo día 28 de xuño ás 12.30 da mañán diante do Pazo de Raxoi.

0 persoas de bem: