Miguelito xa está na rúa

domingo, 6 de julho de 2008
Nun comunicado urxente que chegaba á nosa redacción diciásenos que hoxe pola mañá Miguelito xa estaba na rúa e desfrutando dos seus. Esta nota de prensa recollía as declaracións de João Peres, portavoz da Asociación Pro-Indulto para Miguelito, para o cal "as medidas de presión xurdiron efecto e fixeron que o Concello rectificase e soltase ao noso benquerido tendeiro".

A nota de prensa conclúe con agradecementos a toda a xente que se mobilizou e a tod@s aqueles que colaboraron nas distintas campañas de apoio ao xa ex-preso.

0 persoas de bem: