Miguelito detido por trapichear con droga

sexta-feira, 6 de junho de 2008
A noticia saltaba cando un neno que foi comprar gominolas díxolle a seu pai: -Quieres un poquito neno.

O pai desconfiado levouno ao médico e alí detectaron que o rapaz tiña medio gramo de cocaína no estómago. Rapidamente, seu pai, foi avisar á policia e esta presentouse no lugar dos feitos, onde Miguelito nun primeiro momento negou todo, pero súa irmá ante a insistencia dos corpos e forzas de seguridade do Estado cantou todo e a policia puido requisar a droga que estaba escondida no conxelador dos xelados.

Miguelito agora está en disposición xudicial, a espera do xuízo. Prevese que sairá libre por non ter antecedentes, pero con cargos.

2 persoas de bem:

Carvalhais disse...

Que estragos causou a droga...

Anónimo disse...

indulto para miguelito!