Esta é a Republica Independente de Vite

quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009

Certo, esta é a Republica Independente de Vite. Como se pode observar a simples vista hai lugares que estám marcados: a faculdade onde estou matriculado, o liceu onde botei cinco anos, a casa de Samuel -por se a alguém lhe interessa- e a minha (é dizer, a casa do Presidente). Poderia marcar mais, Vite tem muitos lugares de interesse -a papeleria de Miguelito...- mas acho que estes som os que mais lhe interessam à gente que passa por este espaço, hahaha.

Algúm que conheça a nossa República estará a pensar que hai zonas que nom nos pertencem, mas isso é para que vejades que esses espaços serám, mais cedo ca tarde, conqueridos. Também sei que algúm estará a pensar que mais territórios dominaremos. Em princípio, toda Compostela, mas chega-nos com invadir os territórios fronteiriços, depois iremos polo resto da cidade e, se saimos bem parados, a polo resto da naçom -a galega quero dizer, nom a de Vite-, porque os membros do que será o futuro goberno da República somos como os nazis, chegaremos ao poder por vias pseudo-democráticas e depois a conquerir territórios lindeiros para ter espaço vital.

Treme Compostela que a naçom vitense vai por ti.

Adiante coa República Independente de Vite!

Imagem e texto, com algumha que outra modificaçom, tirados de aqui

5 persoas de bem:

Rosalía Fernández Rial disse...

Si viva Vite!!!!!!!Adiante coa República galego-mundial!!

E qué honra vivir nun lugar marcado polo mapa oficial. "A casa do Samuel!"

Agardo que cando o goberno vitense goberne a nazón, os veciños actuais gocemos de certos privilexos...(e si, pode tomalo como unha indirecta, exelentísmo Presidente).

SAÚDE
E LONGA VIDA Á REPÚBLICA VITENSE!!!

Xoán S. Pazos disse...

Si, iso!!! Vaiamos a pola Zona Vella!! Eu pídome ser o xeneral dos gloriosos e vitoriosos exércitos da República.
Bueno, eu vivo nun dos territorios fronteirizos (Basquiños) pero gostoso podo facer labores de espionaxe para a República de Vite para deixar o camiño limpo para a futura anexión forzosa a través do poderío militar nuclear de Vite.

En fin...
¡¡Viva a República Independente de Vite!!

AFP disse...

Aí hai que marcar o Centro Social SetentaecincoterceiroD que nom o tedes marcado e é por bem gente freqüêntado.

CS 3ºD, onde as peteniras som arte.

Anónimo disse...

Hola xente...ando a buscar fotos do barrio de Vite para un dbuxo, e querería saber se me podedes axudar algún de vos...busco en particula unha vista xeral do bario, é para cartel das Olimpiadas deportivo - culturais deste ano. Unha aperta, saudos dun compatriota de Vite.

Anónimo disse...

por certo, na web fágome chama Xián.