Asemblea de emigrantes ilegais

quinta-feira, 8 de janeiro de 2009

Un grupo de emigrantes ilegais, afincados actualmente na República Independente de Vite, convocan unha asemblea popular co fin de redactar un informe urxente para presentalo ante o goberno central o vindeiro mes. A reunión terá lugar hoxe as 4:30 da madrugada no salón de actos da facultade de Xornalismo.

En canto ao citado informe, recollerá a petición de instalar unha porción de Océano Atlántico nalgunha das prazas da República, para evitar a morriña (tanto sentimental como estética) e osixenar as nosas benqueridas rúas vitenses. Ademais, segundo a directiva da Plataforma “Costa en Vite”, o mar contribuirá tamén á mellora dos procesos administrativos da "Operaçom cavalo branco".
___________

(Sentimos profundamente que a redacción da nova non obedeza á grafía oficial da República, mais esta está aberta á súa modificación se este é o desexo do goberno central)

3 persoas de bem:

Santo2000 disse...

O da grafia é o de menos, o que importa é que a operaçom conta com o meu apoio, é dizer, com o apoio do presidente desta república.

Avante coa expansom da República Independente de Vite!!!

Rosalía Fernández Rial disse...

Estaba segura de que podería contar co seu apoio, estimado presidente.

VIVA A REPÚBLICA INDEPENDENTE DE VITE!!!

E grazas pola súa sempre incondicional consideración cara os emigrantes ilegais

Anónimo disse...

Rojos de mierda, republicanos!