Os cimentos da nosa benquerida República tambaleanse

quinta-feira, 17 de julho de 2008
Hoxe houbo unha protesta duns cantos monárquicos ás portas da sede do noso goberno. Din que non queren ser republicanos, queren que suba o trono o "lexítimo" herdeiro, o señor Juan Rey.

O noso goberno (do cal son o seu máximo representante e orgulloso de selo) aprobou por unanimidade aceptar como lexítimas as reivindicacións deste grupo de xente, pero non lle imos facer caso porque somos republicanos e sabemos, por moito que o queiran negar algúns, que a República é o mellor sistema que podemos ter en Vite (e diso que aínda non saben que temos previsto implantar a Ditadura do Proletariado, para despois chegar ao Comunismo, xd).

Non temades compatriotas, o país non vai consentir semellante falta de respeito.

Non a monarquía!!!

Viva a República Independente de Vite!!!

Miguelito xa está na rúa

domingo, 6 de julho de 2008
Nun comunicado urxente que chegaba á nosa redacción diciásenos que hoxe pola mañá Miguelito xa estaba na rúa e desfrutando dos seus. Esta nota de prensa recollía as declaracións de João Peres, portavoz da Asociación Pro-Indulto para Miguelito, para o cal "as medidas de presión xurdiron efecto e fixeron que o Concello rectificase e soltase ao noso benquerido tendeiro".

A nota de prensa conclúe con agradecementos a toda a xente que se mobilizou e a tod@s aqueles que colaboraron nas distintas campañas de apoio ao xa ex-preso.